Aberto o prazo para participar no programa Xuntos polo Nadal, para persoas maiores

Silleda 3 de novembro de 2015. O Concello de Silleda volve sumarse ao programa autonómico Xuntos polo Nadal, que ofrece ás persoas maiores que vivan soas a posibilidade de pasar as xornadas navideñas en compaña. O programa, que terá lugar do 23 de decembro ao 2 de xaneiro do 2016, celebrarase este ano, no caso dos residentes na provincia de  Pontevedra, na Residencia de  de tempo libre do Carballiño. A asistencia é totalmente gratuita para as persoas maiores de 65 anos, que residan soas e teñan uns ingresos inferiores ao IPREM 532,51 euros ao mes. Para os que superen esta cantidade a inscrición ten un custe de 50 euros.

Terán preferencia os de maior idade, menos ingresos e aqueles que nunca participaran no programa. As solicitudes deben de formalizarse antes do vindeiro día 20 de novembro. Os interesados poden achegarse ata o Centro Social, onde se atopa o departamento de Servizos Sociais, ou chamar ao Teléfono Social gratuito  (900 333 666).

 “Con este programa preténdese ofrecer unha maior atención a aquelas persoas que vivan soas, para que pasen en compaña doutros maiores unhas datas tan sinaladas como as festas do Nadal”, engade a concelleira de Benestar Social, Pilar Peón.