Adxudicada a dotación da caldeira de biomasa na Casa da Cultura

Silleda, 16 de maio de 2015. A Xunta de Goberno de Silleda vén de adxudicar a dotación de unha caldeira de biomasa que se instalará na Casa da Cultura de Silleda. A empresa Instalaciones Deza resultou ser a adxuditacataria dos traballos, ao presentar a mellor das ofertas solicitadas.

Con esta dotación, na que o Concello inviste 30.000 euros, melloraránse as condicións destas instalación municipais, ademais de lograr un maior aforro no consumo enerxético.

A día de hoxe tamén está en proceso de licitación a instalación dun ascensor na Casa da Cultura de Silleda, co que se dará por fin solución aos problemas de accesibilidade deste edificio. A inversión neste caso ronda os 70.000 euros e o elevador estará situado na fachada posterior do inmoble.

“Con estas dúas actuacións melloramos moito estas dependencias municipais, tanto dende o punto de vista do acondicionamento como no relativo aos accesos”, indica o alcalde, Manuel Cuiña.