Arranxo do vial municipal entre Margaride e Rellas

Silleda, 22 de febreiro de 2018.  O Concello de Silleda, a través do departamento de Obras e Servizos, que dirixe Klaus Brey, está a arranxar estes días o vial municipal que une as parroquias de Rellas e Margaride. Operarios municipais procederon á limpeza de cunetas e á retirada de raíces de árbores que estaban a danar o firme desta estrada.

“Era moi necesaria realizar unha actuación neste tramo xa que as raíces estaban a causar serios danos”, indica o concelleiro de Obras, Klaus Brey, que se desprazou ata o lugar acompañado polo concelleiro Benito Saavedra, residente nesta zona.

Así mesmo, estarse a proceder ao asfaltado dos tramos onde se están levando a cabo as reparacións.

Con esta iniciativa o Concello de Silleda continúa a realizar actividades de mantemento e conservación da rede viaria municipal.