As camisetas solidarias da Romaría do Rapaz continúan á venda na Casa da Xuventude

Silleda, 30 de xuño de 2015. As camisetas conmemorativas da Romería do Rapaz con fins solidarios continuarán á venda na Casa da Xuventude de Silleda. No certame, que o pasado domingo cumpliu 27 anos, recadáronse un total de 200 euros, que serán destinados ao programa municipal Silleda Solidaria.

Dende a organización agradécese a todas as persoas que colaborando mercando estas camisetas a súa contribución a este rede solidaria posta en marcha para axudar ás familias con menos recursos.

As camisetas continuaranse vendendo na Casa da Xuventude, para nenos e adultos. As de nenos están disponibles nas tallas dende 3 a 12 anos (a un prezo de 8 euros) e as de adultos quedas as tallas S, M e L, cun prezo de 10 euros.

Así mesmo, dende a Concellería de Cultura, que organizou a Romaría do Rapaz, quere amosarse tamén o agradecemento a todas as persoas, colectivos e entidades que colaboraron un ano máis con esta celebración, que segue a colleitar éxitos.