As escolas deportivas de Kun Fu estarán presentes no campionato galego que se celebra o 16 en Arteixo

Silleda, 4 de xuño de 2013. As escolas deportivas de Silleda participaron un máis no torneo provincial de Kun Fu celebrado no pavillón de Coia, en Vigo, acadando uns excelentes resultados.

Así o Amarelo Infantil (Brais, David, Rocío e José Manuel) proclamouse campión da súa categoría. Tamén se proclamaron campións os integrantes o grupo Benxamín Laranxa (Bruno, Paula, Álvaro e Anxo).

O conxunto Benxamín, cinturón amarelo (Zoe, Xoel, Adrián e Anna) foi segundo, ao igual que o alevín laranxa (Salah Manuel, Xoana e Hugo).

Dos equipos de Bandeira tamén acabaron campionas as integrantes do Amarelo Benxamín ( Lía, Sabela e Silvia), e o Alevín Verde (Xián, Rocío, Marcos, Brais e Adán) obtivo o segundo posto na súa categoría. O terceiro equipo da Bandeira (Eugenia, Amina, Sara e Nes), de Alevín Laranxa quedaron cuartos.

A vindeira cita dos equipos silledenses será o vindeiro domingo día 16 en Arteixo, co Campionato galego de Kun Fu. Dende a Concellería de Deportes, Klaus Brey, destaca o éxito acadado polos membros das escolas nesta disciplina, que volveron  a deixar a deixar nun gran lugar o nome de Silleda e deséxalles sorte para a cita autonómica.