As festas de verán de Silleda celebraránse do 12 ao 14 de xullo

Silleda, 5 de xuño de 2019.  A capital municipal de Silleda celebrará as súas Festas de Verán do 12 ao 14 de xullo. Os festexos serán organizados conxuntamente polo Concello de Silleda, a Asociación Cultural O Lacón e a Banda de Música Municipal de Silleda.

Estas tres entidades encargaránse dos festexos, para o que se celebrarán nos vindeiros días distintas reunións nas que se avanzará sobre cuestións organizativas.

O venres día 12, xornada de Festivo local no municipio silledenses, terá lugar pola noite a celebración da cita gastronómica co Lacón. O programa festivo extenderase ata o domingo día 14.

A proximidade dos festexos fai que nos vindeiros días se establezcan xa contactos de cara a pechar a programación das festas, que volverán a incluir distintas actuacións musicais e lúdicas para todos os públicos.

Dende o Concello de Silleda agradécese a participación na organización dos dous colectivos.