As obras de entrada a Silleda por Vilanova entran na súa recta final

Silleda, 7 de maio de 2015. A remodelación do vial de Vilanova, un dos accesos principais ao casco urbano de Silleda, están xa na súa recta final. Logo da renovación de todo o firme, que se atopaba moi deteriorado, xa se aprecia no primeiro tramo do vial a senda peonil e a dotación de luminarias.

Só está pendente de executar o último tramo da senda, na zona máis próxima á rúa da Estación, onde se estrá a construir un perqueno muro de contención.

“Trátase de unha actuación moi necesaria coa que melloramos tanto a nivel estético como de seguridade un dos principais accesos a Silleda”, explica o alcalde, Manuel Cuiña.

A senda peonil construiuse con unha anchura algo máis pequena que as beirarrúas tradicionais. Cuiña explica que se optou por dar aos dous carrís do vial as dimensións legais para poder pintar todo o tramo, sinalizando por completo a calzada. “Temos a opción de dar nun futuro algo máis de amplitude á senda peonil, xa que de darlle agora máis ancho só poderíamos sinalizar a estrada con unha liña no centro da calzada”, engade o alcalde.

“Consideramos que a remodelación queda ben así, e que é máis fácil aumentar a senda nun futuro”, explica.

Esta actuación supuxo unha inversión de 110.000 euros, convertíndose nunha das principais obras de mellora de infraestruturas.

O tramo de 600 metros de lonxitude da tamén da acceso ao lugar de Vilanova, ao recinto feiral Semana Verde, instalacións coma o tanatorio, e á estrada provincial que vai á parroquia de O Castro, entre outras. Ata hai pouco o vial acusaba un notable deterioro do firme, tendo en conta que tamén é unha zona moi transitada por vehículos pesados.

Ademais coa senda peonil complétase o circuito de tránsito para os peatóns, unindo a avenida da Estación coa N-525.

“Con esta inversión, dende o Concello apostamos por mellorar un dos accesos principais ao casco urbano silledense, que funciona a modo de circunvalación e que é moi utilizado”, explica o alcalde Manuel Cuiña, que afirma que a creación da senda peonil “suporá un valor engadido para esta zona periurbana, ofrecendo un novo servizo aos cidadáns e mellorando tamén a estética do acceso, convertíndose nunha das fachadas da capital municipal”, sostén o alcalde.