As obras do patio cuberto do CEIP de Silleda iniciaránse nos vindeiros días

Silleda, 8 de xullo de 2015. As obras para dotar de patio cuberto o recinto do CEIP de Silleda iniciaránse nos vindeiros días. Os traballos foron adxudicados á empresa Construccións Areán mediante procedemento negociado, logo de estudiar as ofertas solicitadas.

Deste xeito, agárdase que a nova instalación esté lista para o inicio do curso, o vindeiro día 10 de setembro.

O Concello de Silleda estes traballos con cargo aos fondos que lle corresponden do Plan de Obras e Servizos (POS 2015).

Dende a Deputación de Pontevedra aprobouse o proxecto presentado dende o Concello de Silleda o pasado mes de abril, logo do acordo asinado entre a Xunta e a Deputación, polo que se permite que este tipo de fondos se poidan destinar a un recinto sen competencias municipais.

Á cuberta destinaránse 20.000 euros. As zonas de estancia cubertas, logo de analizarse as necesidades do centro, proxéctanse na zona entre o edificio central e o pavillón.

Segundo o proxecto encargado polo Concello de Silleda, a zona de paso entre o pavillón e o edificio de Primaria, aberta ao sur e protexida polo leste e oeste polas edificiacións, presentase como unha zona aceptable para cubrir, creando un espazo onde o alumnado poida xogar nos días de mal tempo, protexido do vento e da choiva.

“Esperamos que a esta inversión se sume, en virtude do acordo asinadoo pasado mes de abril, outras actuacións para continuar co mantemento deste centro educativo”, engade o alcalde.

Para cubrir esta zona, proponse dotala de unha cuberta con estructura metálica, sobre cimentación de formigón armado. Será unha cuberta a unha auga, con unha pendente do 10%.

Na zona de intervención substituirase ademais o pavimento por un formigón en masa coloreado.

Mellora da rúa na parte traseira da Igrexa de Silleda

Outra das obras que se iniciarán tamén en breve é a mellora e adecuación do tramo situado na parte posterior da igrexa parroquial de Silleda.

Neste caso os traballos foron adxudicados, tamén por procedemento negociado, á empresa Construccións Fernández Sarmiento.

O tramo une a avenida do Parque coa rúa Santa e da tamén acceso a vivendas, garaxes,  ao colexio María Inmaculada, e ao albergue San Olaia, enlazando ademais co parque infantil situado na praza aledaña.

Trátase pois dunha zona cercana a equipamentos con gran tránsito peonil, e que conta cun pavimento moi degradado e tamén barreiras arquitectónicas.

Con este proxecto de mellora preténdese homexeneizar os pavimentos desta zona, formando unha unidade xunto co entorno do templo parroquial e da avenida.

Este pavimento revalorizará as características estéticas do conxunto, dando unha sensación de unidade epacial e ao mesmo tempo suprimindo as barreiras arquitectónicas e polo tanto mellorando a accesibilidade.

A inversión prevista é de 62.093,33 euros, financiándose parte dela (40.000 euros) a través da axuda da Consellería de Presidencia para a mellora de espazos públicos e o resto con fondos municipais. 

 “Esta actuación enmárcase na mellora de espazos públicos que vimos realizando, e búscase deixar este tramo rematado dende o punto de vista estético, pero tamén gañando en accesibilidade e funcionalidade e subsanando varias deficiencias ”, apunta o alcalde, Manuel Cuiña, que advirte que esta zona se revalorizará con esta actuación.