Carla Lorenzo, Uxía Barros e Sonia Troitiño, gañadoras do IV Certame de Microrrelatos e Microcurtas

Silleda, 14 de maio de 2015.  O O xurado do Concurso de Microcurtas e Microrrelatos convocado polo departamento municipal de Normalización Lingüística, que dirixe Margarita Campos, vén de emitir o seu fallo.

Esta quinta edición, na que se presentaron preto de 60 traballos en total, volveu a amosar o interese que suscita esta convocatoria, xa consolidada no axenda silledense. O certame adicouse este ano á integración social .

No apartado de Microcurtas, o traballo gañador foi “Aquí cabemos todos”, realizado por Sonia Troitiño, aluma do IES Pintor Colmeiro.  O xurado estivo composto por Loli Iglesias (Ordes, 1989), licenciada en Comunicación Audiovisual e Master en Dirección e Realización pola Universidade Ramón Llull de Barcelona, traballadora de Portico Audiovisual; e por Daniel Vilaverde (Proupín, 1989) , tamén  licenciado en Comunicación Audiovisual pola Universidade de Santiago de Compostela e Máster en Creación, Desenvolvemento e Comercialización de Contidos Audiovisuais pola Universidade de Vigo. É director e guionista de curtametraxes como “A culpa é dos pais” ou “Bilingüismo cordial”., ademais de creador  do proxecto musical “autOOdio” (xunto a Rubén Lino) e da webserie “Poetarras” (xunto a Rubén Lino e Manuel Gago), gañadora do premio á mellor webserie en lingua galega da 1ª edición do Carballo Interplay.

En canto ao certame narrativo, na categoría de 6 a 12 anos, gañou o microrrelato titulado “Desafiuzamento”, presentado baixo o pseudónimo Lacar, que resultou ser da autoría de Carla Lorenzo Pérez, alumna do Colexio Plurilingüe María Inmaculada.

E na categoría de 13 anos en adiante, o xurado elixiu por unanimidade o traballo titulado Pleno Século XXI, presentado baixo o pseudónimo Aixuba, que foi realizado por Uxía Barros Rodríguez, alumna tamén do María Inmaculada.

A orixinalidade das propostas,  e a calidade literaria son algúns dos rasgos destacados polo xurado da narrativa, composto polos xornalistas Salomé Soutelo de Faro de Vigo; Raquel Torres, do Diario de Pontevedra e Pablo Viz, de La Voz de Galicia.

Na entrega de premios participaron a concelleira de Normalización Lingüística, e o alcalde e concelleiro de Cultura, Manuel Cuiña. 

A concelleira Margarita Campos felicitou tanto aos gañadores como ao resto de participantes “que cada vez nos poñen máis difícil a elección”, destacando a calidade dos traballos presentados. Tamén agradece a colaboración dos integrantes dos dous xurados e do colectivo ECOS.

O certame xurdiu hai 4 anos como fórmula para incentivar o uso do galego entre a poboación máis nova, potenciando ao mesmo tempo a creatividade.