Catro restaurantes do municipio na iniciativa Xantares de Entroido

 

 

A hostalería de Silleda vén de xuntarse para realizar iniciativas conxuntas durante as festas do Entroido. Así, ademais de propostas coma Carna Bares, durante estes días celebrase a iniciativa pioneira Xantares de Entroido. É a primeira vez que locais silledenses dicados á restauración  se xuntan para facer unha iniciativa conxunta.

O concelleiro de Turismo, Matías Rodríguez da Torre, explica que se  trata “dun avance, que tentará no futuro que os restauradores do Concello tamén colaboren en poder promocionar so produtos típicos de Trasdeza, os cales tamén se poñen en valor nalgunhas das festas gastronómicas que se celebran durante todo o ano”