Colocadas as sinais de aproximación ao albergue de peregrinos da Bandeira

Silleda, 9 de agosto de 2013. Esta mañá quedaron colocadas dúas sinais de aproximación ao albergue de peregrinos do Xacobeo, sito na localidade da Bandeira. Ademais dun cartel indicador a 1,8 kilómetros do edificio, tamén se colocou outro situado a 200 metros, no cruce da N-525 coa rúa Lourás, onde se atopa a entrada ao albergue. Dende o Concello agradécese o xesto da familia propietaria da vivenda situada nesta intersección, que permitiu colocar o sinal na fachada lateral da casa, xa que resultaba complicada a súa instalación cun poste pola escasa anchura do cruce.

O albergue da Bandeira abriu as súas portas o pasado día 4 de xullo e conta con 36 prazas.