Comeza o reparto de alimentos a través do convenio entre o Concello e a Fundación Amigos de Galicia

Silleda, 20 de xuño de 2014. Hoxe comezou en Silleda o reparto de alimentos frescos entre una vintena da familias con escasos recursos da man da Fundación Amigos de Galicia, que asinou un convenio de colaboración co Concello de Silleda o pasado mes de abril.

Este reparto realizarase todos os meses, en principio ata finais de ano, incluindo ademais de leite e outros productos básicos, alimentos  frescos, como carne, peixe, froitas, verduras e hortalizas.

Dende a Fundación Amigos de Galicia e o Concello de Silleda quere agradecerse públicamente tamén a colaboración de entidades locais con esta acción. Así, Frigoríficos Bandeira dona a carne do reparto e A Carnicería de José, de Lamela, encárgase de cortala de xeito desinteresado.

O alcalde, Manuel Cuiña, e a concelleira de Benestar Social, Dolores García, recibiron hoxe ao equipo da fundación, entre os que figuraba o seu xerente, Jesús Busto, nas dependencias do Centro Social de Silleda, dende onde se realizou o reparto.

“É una axuda moi importante, que vén a complementar o traballo que estamos a facer dende o programa Silleda Solidaria, que xestionan os Servizos Sociais, e o seu banco de alimentos”, sinala o alcalde, Manuel Cuíña, que xunto coa concelleira agradece o traballo realizado dende a Fundación e as empresas colaboradoras.

Reforzo en época estival

Por outra banda, con esta atención directa ás familias tamén se vén a reforzar a prestación de axuda a familias con nenos durante o verán, suplindo en moitos casos a atención que se daba no plano alimenticio nos comedores escolares.

O pasado mes de abril, Concello e Fundación asinaron o convenio para loitar contra a pobreza e a exclusión social, axundando preferentemente a familias con nenos, mulleres vítimas de violencia de xénero ou outras cargas.

A atención continuada da Fundación, que preside o silledense Miguel Villar, inclúe tamén o aporte de productos hixiénicos, roupa e calzado e tamén material escolar.