Comezan a traballar dos doce operarios contratados a través do Plan Provincial de Emprego

Silleda, 31 de maio de 2013. O concelleiro de Obras e Servizos de Silleda, Manuel Cuíña, recibiu hoxe aos 10 operarios e operarias que comezarán a traballar no Concello de Silleda a través do plan provincial de emprego.  Este personal, outorgado a todos os Concellos da provincia de Pontevedra  de menos de 50.000 habitantes, adicarase no caso de Silleda ao desenvolvemento dun plan de limpeza, acondicionamento e mellora de infraestructuras.

Así realizarán tarefas nos centros culturais e áreas de lecer do rural, obras de mantemento de viais e reparación de mobiliario urbano, limpeza de rúas, ou acondicionamento limpeza e sinalización de áreas recreativas e turísticas.

O equipo está composto por 2 peóns de construcción, outros dous de pintor, 4 varrendeiros/as, 2 xardineiros/as, e dous traballadores/as forestais.

No encontro co concelleiro fixáronse os horarios de traballo do grupo e presentóuselles tamén aos encargados do departamento.

A selección foi realizada a través do Servizo Galego de Colocación (Oficina de Emprego) e os canditatos/as pasaron unha proba de selección cunhas bases similiares ao resto de procedementos que se levaron a cabo no Concello . Estes contratos serán de intereses social a tempo parcial (25 horas semanais) e terán unha duración de 6 meses, dende o xuño ao 30 de novembro.