Comezan a traballar no Concello 10 novos operarios/as a través do Plan Provincial de Fomento do Emprego

Silleda, 28 de abril 2014. O alcalde de Silleda, Manuel Cuíña, e o concelleiro Luis Rodríguez, así como personal encargado do equipo de traballo municipal deron hoxe a benvida no salón de plenos aos 10 novos traballadores e traballadoras contratados/as a través do Plan Provincial de Fomento do Emprego durante un periodo de seis meses. ste personal, outorgado a todos os Concellos da provincia de Pontevedra  de menos de 50.000 habitantes, adicarase no caso de Silleda ao desenvolvemento dun plan de limpeza, acondicionamento  de zonas verdes e de aforro enerxético.

O novo equipo comezará a traballar o vindeiro mércores día 30 e estará formado por 5 peóns de varrendeiros/as, 4 de xardinería e un peón electricista.

A selección, ao igual que en anteriores convocatorias  foi realizada a través do Servizo Galego de Colocación (Oficina de Emprego). Estes contratos son  de interese social e a tempo parcial (25 horas semanais).