Comezan as clases de español para inmigrantes do programa Anduriña con sesións en Silleda e na Bandeira

Silleda,  3 de outubro de  2019.  O Concello de Silleda ven de retomar  as clases de español para inmigrantes no marco do Programa Anduriña, que coordina o departamento de Benestar a través da educadora social.

As clases, que se iniciaron esta semana impartidas por unha voluntaria, son gratuitas e inclúen ademais o material. e como novidade este ano se incorporan sesións na localidade da Bandeira. A duración será a do ano lectivo, rematando as mesmas en xuño de 2020 e coas correspondentes vacacións durante o Nadal e Semana Santa.

En Silleda teñen lugar os mércores e venres de 10:30 a 12:30 na Casa da Xuventude e na Bandeira comezarán esta tarde, e celebraránse  todos os luns e xoves en horario de 19:30 a 21:30 horas.

A día de hoxe hai máis dunha vintena de persoas anotardas no Programa Anduriña e todas aquelas que o desexen aínda poden anotarse ou recibir máis información a través do Departamento de Servicios Sociais da Concellería de Benestar, ou chamando ao 986 592037.

O programa Anduriña, de alfabetización e integración cultural para a poboación inmigrante, ten como obxectivos xerais o impulso da aprendizaxe da lingua española e a promoción e adquisición de coñecementos sobre a cultura española e galega. Como novidade, este ano tamén se ofertan clases na localidade da Bandeira .Entre os obxectivos específicos figuran que os inmigrantes acaden unhas competencias lingüísticas base na lingua (oral e escrita), o fomento de habilidades sociais, ou o dar unha resposta educativa de acordo as necesidades presentadas por cada usuario de xeito individual, tendo en conta o seu nivel académico.

O municipio de Silleda conta a día de hoxe con máis de 800 veciños procedentes de distintos países, o que representa case un 10 % da poboación.

“Cremos que este programa axudará ás persoas que chegan a residir ao noso municipio procedentes de países extranxeiros e que non coñecen ben a nosa lingua, a familiarizarse co idioma e mellorar as súas habilidades de comunicación”, indica a concelleira de Benestar Social e Igualdade, Ángela Troitiño que asistiu á presentación das clases.