Continúan a bo ritmo a obras de mellora no entorno da capela de San Blas, en Chapa

Silleda, 18 de xaneiro  de 2019.  O alcalde de Silleda, Manuel Cuiña, visitou hoxe o entorno da capela de San Blas, na parroquia de Chapa, onde se están a realizar nos últimos días distintas obras de adecentamento e mellora.

Cuiña mantivo un encontro no lugar con varios veciños da localidade, que viñan demandando estas melloras.

Os traballos continúan a bo ritmo a fin de que estén listos para o vindeiro 3 de febreiro, día no que se celebra a festividade de San Blas, un evento que congrega a numersos veciños da zona.

Os traballos no acceso ao entorno da capela comezaron en días pasados coa limpeza da pista. Unha vez limpa, os traballos incluirán a dotación de adoquín en pedra sobre a base existente.

Con esta iniciativa mellorase o acceso a este entorno onde xa se recuperara un antigo sendeiro dende o lugar da Devesa, próximo ao San Blas.