Cortado o tráfico no entorno da Fervenza do Toxa

Silleda, 24 de outubro de 2016.  O Concello de Silleda procedeu xa a instalar barreiras de madeira para evitar o acceso de vehículos ao entorno da Fervenza do Toxa, na parroquia de Pazos. As barreiras quedaron instaladas na baixada (no entorno do mirador) e no último tramo da pista, para evitar a subida dende o acceso de Quintás. Todo o tramo será agora peoníl.

“Con esta medida, ademais de protexer a zona do tránsito de vehículos mellorase a seguridade neste tramo e contribuirase a unha mellor conservación viaria”, indica o alcalde, Manuel Cuiña. Esta actuación forma parte do proxecto para mellorar os accesos e a sinalización á Fervenza e ao Mosteiro de Carboeiro, os dous enclaves patrimoniais e turísticos por excelencia do municipio silledense, cun orzamento de 59.000 euros.

En días pasados iniciouse tamén a colocación de sinais indicadoras dende distintos puntos do municipio para chegar ata a Fervenza do Toxa e ao Mosteiro de Carboeiro (na rotonda da AP-53 e na da N-525 en Silleda, no cruce da N-525 con Vilanova, dende Breixa, A Bandeira….