Curso de sensibilización en igualdade de xénero para o alumnado do Obradoiro de Emprego Semente de Pedra 2016

Silleda, 28 de xaneiro de 2017. Os 20 alumnos e alumnas do Obradoiro de Emprego Semente de Pedra 2016 do Concello de Silleda están a recibir estes días formación complementaria en materia de Sensibilización en Igualdade de Xénero. O ciclo, de 10 horas de duración está a ser impartido pola técnica do CIM de Silleda.

Esta formación ten como obxectivo modificar a posible visión estereotipada que o alumnado teña sobre os roles de homes e mulleres na sociedade actual. No ámbito laboral, búscase en particular fomentar as relación igualitarias neste entorno do proxecto de formación e emprego.

Tamén se persigue favorecer o sentimento de autovaía das mulleres no exercicio as tarefas propias de emprego tradicionalmente masculinos.

Esta formación complementaria súmase aos ciclos de informática ou sensibilización medio ambiental, entre outros, que se veñen impartindo para o alumnado do Obradoiro Semente de Pedra 2016, con dous módulos formativos : o de Colocación de Pedra Natural e o de Instalación e Mantemento de Xardíns e zonas verdes.

As actuacións dos dous módulos, que continuarán ata o mes de xuño, xa comezaron en días pasados no entorno da praza da Igrexa (no caso do módulo de colocación de pedra) e na parcela onde se construirá a Residencia e Centro de Día de Maiores, por parte do alumnado de instalación e mantemento de xardíns .