Entregados os premios do XVIII Concurso de Escaparates de Nadal

Silleda, 4 de xaneiro de 2018.  Hoxe tivo lugar a entrega dos premios do XVII Concurso de Escaparates de Nadal organizado dende a Concellería de Comercio. O responsable municipal de Comercio, Benito Saavedra, e a tenente de alcalde, Ana Luisa González,  presidiron a entrega de galardóns que recaeron por esta orde en Óptica Silva (1º premio con 200 euros outorgado polo Concello); Floristería Carmiña (premio á Orixinalidade, dotado con 150 euros outorgado polo Hotel Vía Argentum) e premio á mellor exposición de produto, para María Lodeiro Decoración, dotado con 100 euros por xentileza de Estación de Servizo Silleda.

Saavedra destacou o elevado nivel e calidade dos escaparates silledenses e agradeceron a participación dos máis de 70 establecementos que decoraron os seus escaparates con motivos de Nadal.  Así mesmo subliñou o “compromiso de determinados comercios que están mudando os escparataes dependendo das temporadas, entre os que se atopan os gañadores”. Tamén agradeceu  a colaboración das entidades patrocinadoras e do Ciclo Superior de Comercio do IES Pintor Colmeiro, con alumnos e mestres que participaron como xurado.