Manuel Cuiña e Klaus Brey asisten ao curso da Universidade de Verán de Navarra sobre Economía Circular e reciclaxe de residuos

Silleda, 8 de setembro de 2015. O alcalde de Silleda, Manuel Cuiña, e o concelleiro de Medio Ambiente, Klaus Brey, participaron hoxe no curso de verán da Universidade Pública de Navarra sobre Economía circular e xestión de residuos, na localidade de Alsasua. Logo de asistir a varias conferencias pola mañá, esta tarde visiaron unha planta de trapeiros e outra de reciclaxe.

A viaxe, na que participan 45 persoas, está organizada pola Deputación de Pontevedra,co obxectivo de coñecer diferentes formas de tratamento de residuos.

O curso de verán está organizado pola Universidade Pública de Navarra e a Mancomunidade de Sakana, co debate sobre as oportunidades e beneficios de unha boa xestión de residuos.

Entre as plantas a visitar figuran algunhas comunais e outras como as das localidades de Lapatx e  Epele, en Euskadi.