Medio Rural e o Concello de Silleda reactivan o proceso de concentración parcelaria na parroquia de Oleiros

Silleda, 19 de xaneiro de 2018.  Medio Rural e o Concello de Silleda reactivan o proceso de concentración parcelaria da parroquia de Oleiros, unha das poucas localidades do municipio aínda sen concentral.

O xefe territorial da Consellería do Medio Rural, Antonio Crespo e o alcalde de Silleda, Manuel Cuiña, mantiveron hoxe xunto coa xefa de servizo de Estruturas Agrarias, María José Pérez,  e personal técnico un encontro no consistorio silledense para planificar o traballo.

Está previsto que nas vindeiras semanas se realice unha primeira convocatoria cos veciños e propietarios para explicar cómo se levará a cabo o traballo e o calendario aproximado previsto.

A parcelaria de Oleiros, que afecta a máis de 500 hectáreas, está xa decretada e a finais dos anos 90 déronse pasos sen que finalmente fructificara o proceso.

A día de hoxe Medio Rural xa ten realizado traballos previos como a tramitación ambiental.

Dende o Concello de Silleda Manuel Cuiña agradece a Medio Rural a reactivación do proceso “que entendemos será moi beneficioso para o futuro e desenvolvemento desta localidade”.