Nova sesión de traballo para a elaboración da RPT do Concello de Silleda

Silleda, 2 de outubro de 2015. A elaboración da Relación de Postos de Traballo (RPT) do Concello de Silleda continuou cunha nova xornada de traballo na que xa se definiron todos os postos da plantilla municipal.

A concelleira de Emprego, Ana Luisa González Costa,  e Francisco Ferreiro, profesor da Universidade de A Coruña, mantiveron outra xuntanza para avanzar nesta acometida. Nesta reunión xa se definiron os postos da plantilla e ao longo deste mes a concelleira manterá entrevistas con cada un dos traballadores e traballadoras para consensuar con eles cada un dos postos.

“Logo de definir os postos e unha vez que se consensúen cos traballadores e traballadoras municipais, dende o goberno municipal convocaremos á Mesa de Persoas para presentar o traballo realizado”, indica Ana Luisa González.

A elaboración da RPT é unha das aspiracións do goberno municipal, un traballo “necesario para regularizar a plantilla municipal de Silleda”, engade o alcalde, Manuel Cuiña.