Novos triunfos da Escola de Fútbol de Silleda no torneo de Val do Ulla

Silleda, 10 de xuño de 2013. A Escola de Fútbol de Silleda vén de sumar novos triunfos a pasada fin de semana, coa participación no torneo de Val do Ulla. Así o Benxamín A proclamouse campión nesta categoría logo de gañar por 3 a 1 na final ao Aríns. Ademais, o conxunto silledense recibiu o trofeo ao equipo menos goleado.

No campo do Ulla tamén houbo máis celebracións para os de Silleda, xa que o equipo de Prebenxamín quedou subcamión, ao caer na final co Milladoiro, tamén por 3 a 1. O equipo fixo un gran torneo eliminando en semifinais entre outros ao Lentregu, conxunto procedente de Asturias.

A participación da escola silledense completouse coa participación do Alevín B no torneo do Céltiga na Illa de Arousa.

A vindeira fin de semana os equipos Benxamín e Alevín estarán tamén presentes no torneo de fútbol de Touro, no que esperan continuar coa senda de éxitos desta tempada.