O alcalde asistirá á Asamblea dos propietarios do parque empresarial Área 33 de Silleda

Silleda, 28 de setembro de 2016.  O alcalde de Silleda, Manuel Cuiña, acudirá o vindeiro martes día 4, ás 20:00 horas, á xuntanza convocada pola Entidade de Conservación do Parque Empresarial Área 33 de Silleda, que aglutina a todos os empresarios propietarios, para explicar a actuación levada a cabo na parcela municipal situada xunto á rotonda do polígono.

Esta nova nave de equipamento municipal está xa rematada a día de hoxe e as previsións do goberno municipal pasan por construir nun futuro un Centro Empresarial, no que se integraría ademais esta nave.

A asistencia de Manuel Cuiña a esta asamblea foi acordada o pasado día 14 nunha reunión con membros da directiva.

O terreo restante da parcela, que conta con 1.874 metros cadrados de superficie e está catalogada como de uso dotacional, utilizarase mentres non se contra o centro de empresarios, como zona de aparcamento, para dar tamén servizo a usuarios e traballadores do polígono.