O alcalde de Nigrán e un grupo de veciñas visitan a Residencia e Centro de Día de Silleda interesados pola fórmula para a súa consecución

Silleda, 11 de abril de 2019.  A Residencia e Centro de Día de Silleda segue a despertar interese doutros municipios galegos. Se o pasado ano foi o de Rianxo, agora dende Nigrán tamén amosaron o seu interese pola fórmula empregada para construir este centro, que ten previsto comezar a funcionar nos vindeiros días.

O alcalde silledense, Manuel Cuiña, recibiu ao rexedor de Nigrán, Juan González, e a un grupo de 7 veciñas da localidade que iniciou unha campaña para promover a construcción dun centro destas características, chegando a reunir más de 1.600 firmas en apenas un mes.

Cuiña explicou a grupo cómo “despois do intento fallido de ter a residencia a pasada lexislatura, se optou pola formula da concesión demanial, poñendo os terreos o Concello e adxudicando a construcción e xestión do centro a unha empresa”, indicou.

O grupo destacou que pese a disponer destes servizos en Nigrán, as residencias son íntegramente privadas e as prazas actuáis resultan insuficientes.

Logo de visitar as instalacións acompañados polo alcalde anfitrión, o responsable da empresa Coviastec, que xestiona o centro e a súa directora, Paula Guzmán, amosaron a súa satisfacción por ter realizado esta visita e destacaron a amplitude, luminosidade e funcionalidade do edificio, onde se están a ultimar os detalles para a apertura inminente.

Cuiña explicou tamén que a fórmular adoptada lle permitiu ao Concello de Silleda reservar prazas a prezos moito máis baixos para os veciños e veciñas de Silleda.

O centro conta con 59 prazas de residencia e 20 de centro de día.