O alcalde recibe aos directivos das cooperativas gandeiras Indega e Icos

Silleda, 11 de febreiro de 2014. O alcalde de Silleda, Manuel Cuíña, e o concelleiro Luis Rodríguez, mantiveron hoxe na sala de xuntas do Concello unha reunión co presidente e o xerente da cooperativa local Indega, Paulino González e Jorge Bellón, -respectivamente-e co presidente da cooperativa ICOS, Xavier Taboada.

 Os representantes de ambas entidades solicitaron este encontro para falar do proceso de fusión previsto entre ambas cooperativas, e que aínda está pendente da ratificación por parte dos socios nas respectivas asambleas.

O alcalde, Manuel Cuíña, trasladoulle aos directivos das cooperativas gandeiras as súas preocupacións e inquietudes por cómo afectará aos socios e socios da entidade silledense a fusión prevista. Tamén se interesou durante o encontro por outras cuestións, coma a situación do personal de Indega ou a repercusión que terá a fusión no comercio local.

“Foi un encontro cordial no que por parte de Indega e de ICOS se nos explicou  como están traballando na fusión das dúas entidades, para a que falta aínda a ratificación dos socios”, sinala Cuíña, que agarda que a operación resulte o máis beneficiosa posible para os produtores locais de leite .