O alumnado do Ciclo Superior de Comercio do IES Pintor Colmeiro remata o traballo sobre a análise da situación do comercio en Silleda

Silleda, 12 de novembro de 2016.  O alumnado do Ciclo Superior de Xestión Comercial e Marketing do IES Pintor Colmeiro de Silleda xa ten listo o traballado encargado o pasado mes de maio polo Concello de Silleda sobre a análise da situación do comercio no municipio.

Esta iniciativa, proposta dende o departamento municipal de Industria e Comercio que dirixe Ana Luisa González, foi presentada polos alumnos e alumnas en días pasados, que entregaron os resultados do traballo feito en base a realización dunha serie de enquisas.

En total realizáronse 376 enquisas por parte de 8 alumnos e alumnas do Ciclo Superior (fixeron 47 enquisas cada un) nas que se buscaba coñecer a opinión dos veciños e clientes sobre a distintos aspectos relacionados co sector en Silleda.

Na pasada semana os autores do traballo, baixo a supervisión da profesora Helena González Lois, mantiveron un encontro coa concelleira para presentar o estudo e o resultado das enquisas.

Os datos serán expostos aos comerciantes de Silleda nas vindeiras semanas, nunha xuntanza informativa na que se planterán outras cuestiónns. “Queremos que os comerciantes de Silleda sexan os primeiros en coñecer os resultados deste completo traballo nunha xuntanza que convocaremos nos vindeiros días”, indica a concelleira.

Nesa mesma xuntanta, ademais de transmitirlles o traballo realizado polos alumnos do Ciclo Superior de Xestión Comercial e Márketing, tamén se celebrará unha acción formativa, coa celebración dunha charla sobre cómo dinamizar o comercio local.

Dende o Concello de Silleda agradécese o traballo realizado polo alumnado e destácase o esforzo e ilusión dos alumnos e alumnas, “xa que nas enquisas ás veces non todo o mundo responde con amabilidade”, así como o grandísimo traballo á hora de volcar os resultados acadados en gráficas e outras ferramentas de anáise, “un valioso traballo que nos servirá para ter unha radiografía do sector e valorar posibles acción de futuro”, indica a concelleira.