O auditorio Manuel Dopazo acolle o sábado 13 o espectáculo O Capitán Garfo, para nenos e nenas de 3 a 12 anos

Silleda, 8 de xuño de 2015. O vindeiro sábado día 13 recala no municipio de Silleda o espectáculo infantil O Capitán Garfo da man da compañía Os tres tenedores.

Música en directo e teatro componen o menú dirixido a nenos e nenas de entre 4 a 12 anos. A cita será no auditorio Manuel Dopazo da Bandeira, ás 19.30 horas. A entrada custa 3 euros, e pode mercarse na taquilla.

O prestixioso cociñeiro Aogusto Loureiro amosará aos pequenos a súa peculiar forma de cociñar. Mediante un impulso máxico, e logo de de amosar que a cociña non é o seu punto forte, aparecerá o Capitán Garfo para ensinar como se alimentan os superheroes.

Saúl Cacharrón, con ampla experiencia como docente e musicólogo  no mundo das artes escénicas da vida por partida doble ao Capitán Garfo, nesta cita que se desenvolve a medio camiño entre o espectáculo musical e o teatro. Coa presenza de dúas personaxes antagónicas consegue ademais manter a atención dos máis novos.

Ademais da parte lúdica, O Capitán Garfo tamén amosa ao público as familias de instrumentos, estilos musicais máis relevantes, instrumentos feitos con material de refugallo, ou coreografías, entre outros.