O Club do Centro Social dos Maiores celerba o venres 29 a Festa da Primavera

Silleda, 20 de maio de 2015. O vindeiro venres día 29 de maio celebrarase unha nova edición da Festa da Primavera, organizada polo Club do Centro Social dos Maiores e a Concellería de Participación Cidadá. A cita, ao mediodía, comezará ás 14.00 horas no resturante Coteliño, cun menú que estará composto por salpicón, cordeiro e xarrete, postres e café. A animación musical correrá a cargo do Dúo Punto Cero.

O prezo é de 14 euros para os veciños/as e as persoas socias do Club e de 15 euros para veciños doutros municipios eo non socios. As persoas interesadas en participar poden apuntarse no Centro Social dos Maiores de Silleda, o una Casa da Cultura, ou ben chamando aos teléfonos 986 592037 ou 986 581028.

Venres de parranda

Por outra banda, pasada mañá venres día 22 os maiores teñen outra nova cita cos Venres de Parranda, no Centro Social de Silleda. Será como de costume en horario de 19.00 a 22.00 euros, con animación musical en directo a cargo de Suso de Melide. A entrada custa 3 euros.