O Clube Social dos Maiores e o grupo Vegalsa-Eroski promoven unha actividade para maiores

Silleda, 28 de maio de 2013. O grupo Vegalsa-Eroski e o Clube do Centro Social dos Maiores organizan o vindeiro día 12 de xuño a actividade “Visita o teu super-Especial Senior”, dirixida a maiores de 60 anos. Esta actividade ten por obxectivo   fomentar hábitos de vida saudables, un comportamento responsable así como  a promoción, defensa de intereses e dereitos dos consumidores.

Trátrase dunha breve charla sobre a importancia de levar unha alimentación saudable para as persoas maiores, que logo farán un percorrido pola tenda, (neste caso o supermercado Eroski de Silleda, situado na avenida do Parque) onde lle enseñan o supermercado por seccións e lle explican cuestións relativas á cadudidade ou etiquetados dos produtos, entre outros. Tamén recibirán un lote de produtos por xentileza da cadea.

A visita está programada para o mércores día 12 de xuño, ás 17.00 horas e as persoas interesadas deben de anotarse no Centro Social dos Maiores de Silleda (986 592037). O grupo participante no pode superar as 25 persoas, polo que se admitirán por orde de inscrición.