O Concello acata a sentenza que fixa a devolución de parte da paga extra de Nadal de 2012

Silleda, 7 de febreiro de 2014. O executivo silledense acordou hoxe en Xunta de goberno local acatar a sentenza dictada polo Xulgado do Social Nº3 de Pontevedra, que proclama o dereito dos traballadores municipais a percibir parte da paga extra de de 2012, que foi retirada polo Real Decreto Lei 20/2012 do 13 de xullo de “Medidas para garantir a estabilidade orzamentaria e de fomento da competitividade”.

O fallo vén a estimar a demanda interposta polos sindicatos, e é recurrible. “Dende o goberno municipal decidimos acatar a sentenza, porque dende o primeiro momento en que se coñeceu este decreto buscáronse distintas fórmulas para posibilitar que os traballadores puideran dispoñer desa paga”, lembra o alcalde Manuel Cuíña.

A sentenza, que se está a repetir noutros concellos e organismos públicos vén a determinar que a normativa se fixo con carácter retroactivo, e que as pagas xa estaban devengadas, é dicir, que os traballadores públicos xa tiñan dereito a cobralas cando se sacou o decreto.

A sentenza explica que a normativa se aplicou o día 15 de xullo, polo que a parte devengada con anterioridade á súa entrada en vigor (do 1 de xuño ata o 14 de xullo) tería que ter sido abonada.

A sentenza fixa que aos traballadores que contan coas extras prorrateadas lle corresponde a cantidade de 14 días, e aos que non a teñen prorrateadas, se lle abonará a cantidade correspondente a 44 días. O decreto lei non afectou a aqueles traballadores públicos cun salario que non supera en 1,5 veces o Salario Mínimo Interprofesional (SMI).

O rexidor considera que “alguén do goberno central terá que dar explicacións de por qué sacan unha normativa con carácter retroactivo, un decretazo que veu a ocasionar numerosos trastornos”, engade.

Cuíña  considera que o decreto “non tiña razón de ser, xa que se establecía como medida de aforro, algo que non foi tal, e aínda por riba os cartos deses salarios non se podían destinar a ningunha outra partida”. Así, lembra que na sesión plenaria de outubro de 2012 houbo que aprobar a non dispoñibilidade da cantidade correspondente ás pagas (no caso de Silleda, algo máis de 76.000 euros), cuestión que só contou co voto a favor do PP.

Dende o goberno local tentaronse buscar fórmulas que permitiran realizar o abono das pagas sen incurrir a normativa, pero o Plan de Axuste non permitía, por exemplo, establecer un partida como complemento de productividade. “O único que se fixo foi mermar a capacidade adquisitiva de milleiros de traballadores públicos deste país, nunhas datas coma o Nadal, onde o consumo aumenta considerablemente”, engade o alcalde.

Adianto extra 2013

Así as cousas, en decembro de 2013, o goberno acordou cos traballadores unha saída para paliar os efectos da supresión da extra de Nadal, ofrecendo a posibilidade, a aqueles empregados que o solicitaran de adiantar un devengo parcial das extras de 2013. “Foi unha solución parcial, para poder aportar liquidez aos traballadores e ás súas familias, para paliar entón a supresión da extra.

“A política de recortes do goberno de Rajoy volveu a demostrar neste caso que non vai por bo camiño, con decisión pouco acertadas, como se está a ver coa choiva de sentenzas xudiciais que poñen en ridículo esta medida”, apunta Cuíña, sinalando ademais que ao ter pechado o exercicio orzamentario de 2012 será preciso realizar tramitacións diversas na contabiliade para habilitar a partida que permita abonar as pagas.