O Concello agradece ao colectivo solidario Mencer o reparto de froita

Silleda, 9 de agosto de 2013. O Concello de Silleda, a través do departamento de Benestar Social, que dirixe Dolores García, quere amosar o seu agradecemento á asociación solidaria Mencer de Lalín, que entregou froita ao Banco de Alimentos silledense. Dende a entidade, que xestiona o programa Silleda Solidaria, procedeuse xa ao reparto de esta froita entre as familias con menos recursos do municipio.

O Banco de Alimentos segue a ter en marcha o programa de recollida de produtos non perecedeiros nos supermercados de Silleda e A Bandeira. Tamén se lembra que o vindeiro día 15, por iniciativa dos organizadores do Bandeirock, celebrarase un concerto solidario no que os asistentes deben acudir un kilo de comida non perecedeira. Dende Silleda Solidaria agradécese igualmente a iniciativa dos organizadores do certame, que contribuirá a satisfacer as necesidades básicas dos veciños e veciñas que o precisan.