O Concello amplia o acceso ao lugar de Pedrouzo, na parroquia de Graba

Silleda, 26 de abril de 2017.  O Concello de Silleda está a realizar obras no lugar de Pedrouzo, na parroquia de Graba. A actuación consiste no ensanchamento do camiño existente, para o que os veciños cederon os seus terreos.

Con este ensanchamento melloraránse os accesos a esta localidade, ampliando o vial e facilitando o tránsito de maquinaria agrícola e outros vehículos pesados.

“A ampliación do vial mellorará en definitiva os accesos ao lugar de Pedrouzo onde os veciños viñan demandando dende hai anos que se realizara esta actuación”, indica o alcalde, Manuel Cuiña.

Esta actuación vén a completar as obras de canalización de augas e reposición do firme realizadas a finais do pasado ano, para solucionar o grave problema de ensanchamento de auga neste punto da parroquia.

Estos traballos consistiron na canalización de pluviais na zona de servidume do regato de Pedrouzo, afluente do Toxa.

“Con esta obra seguimos mellorando as nosas infraestruturas e servizos no rural e dando resposta ás demandas veciñais”, sinala o alcalde, que agradece aos veciños e veciñas que cederon terreos para a ampliación a súa inestimable colaboración.

“Á hora de priorizar actuacións coma esta sempre teremos en conta aquelas nas que hai cesións dos terreos, unha cuestión clave para levar a cabo obras de mellora  en aras do interese xeral”, engade Cuiña reiterando que con esta obra se da solución a unha petición dos veciños despois de moitos anos de espera.