O Concello arranxa o vial entre Breixa e Manduas de Ansemil

Silleda, 20 de outubro de 2016.  O Concello de Silleda está a reparar o vial que une a parroquia de Breixa co lugar de Manduas de Ansemil. Trátase dun vial de case dous kilómetros de lonxitude que se atopaba en moi mal estado, con graves desperfectos no firme.

Con esta actuación, o tramo dotarase de triple riego reparando ademais os socavóns e desperfectos máis graves. A actuación comezou coa limpeza de todo o tramo, tanto do firme como das cunetas.

O concelleiro de Obras e Servizos, Klaus Brey, que se achegou ata o lugar donde se están acometendo os traballos, explica que se trata dunha actuación moi demanda “ao tratarse dun vial que levaba moito tempo construido e sen afrontar reparacións”, engade. Os traballos estarán rematados nos vindeiros días.

Con esta actuación o Concello de Silleda continúa a dar resposta á mellora de infraestruturas viarias no rural.