O Concello arranxa un vial en Sobrado, na parroquia de Cira

Silleda, 21 de agosto de 2013. O Concello de Silleda, a través do departamento de Servizos que dirixe o concelleiro Klaus Brey está a realizar labores de acondicionamento nun vial do lugar de Sobrado, na parroquia de Cira. Os operarios municipais comezaron onte a botar formigón nesta via pública que da acceso a varias vivendas e que se atopaba en malas condicións. Con esta actuación quedará solventada unha vella demanda dos veciños da localidade, que verán mellorado este acceso.

Por outra banda, o equipo de desbroces continúa a traballar estes días nas parroquias de Dornelas e Moalde, onde se celebrarán festas próximamente.