O Concello arranxa varios accesos na parroquia de Graba

Silleda, 25 de setembro de 2015. O Concello de Silleda vén de arranxar nos últimos días varios accesos na parroquia de Graba. Así, e durante o turno correspondente da maquinaria da Mancomunidade arranxouse a pista de Outeiro Verde, que da acceso a varias fincas e comunica co lugar de Barreiros.

Tamén se procedeu a arranxar outro vial en Ervixe, dende Pedrouzo.

Por outro lado o Concello de Silleda segue á espera da autorización de Augas de Galicia para poder realizar as necesarias obras de mellora no lugar de Pedrouzo, para evitar a acumulación de pluviais neste punto. O concelleiro de Obras e Servizos, Klaus Brey, lembra que o Concello remitiu hai xa varios meses toda a documentación ao organismo autonómico, solicitando o permiso pertinente para poder levar as obras. “Dende Augas de Galicia pediron máis documentación e ainda seguimos pendentes deste permiso para poder actuar”, indica o concelleiro que agarda “que a resolución chegue canto antes para poder iniciar as obras antes de que se intensifiquen as choivas no inverno”, engade.