O Concello de Silleda arranxa a ponte de Santa Mariña, en Graba, para reforzar a súa seguridade

Silleda, 23 de agosto de 2013. O Concello de Silleda, a través do departamento de Servizos, que dirixe Klaus Brey, iniciou hoxe as obras de reparación da ponte sobre o Toxa en Santa Mariña, na parroquia de Graba. Os operarios municipais iniciaron hoxe os traballos para botar unha capa de formigon sobre a ponte e reforzar a súa estrutura.

Os veciños do lugar alertaron ao goberno municipal en días pasados do deterioro da estrutura e amosaron a súa preocupación ante o perigo de derrube neste punto, moi utilizado por vehículos agrícolas para acceder ás fincas e montes situadas na outra beira do río.

Ademais os propios veciños colaboraron nas tarefas axudando a carrexar o formigon dende o lugar de Santa Mariña ata a ponte. “Era unha obra urxente por motivos de seguridad”, sinala Klaus Brey, que hoxe visitou o lugar xunto co alcalde Manuel Cuíña. Ambos destacaron e agradeceron a colaboración dos veciños e veciñas da localidade nas tarefas de reparación da ponte.