O Concello de Silleda colabora cos veciños de Ponte na mellora do entorno do Centro Social

Silleda, 13 de outubro de 2016.  O Concello de Silleda, seguindo a filosofía de colaborar coas entidades veciñais, vén de contribuir xunto cos veciños e veciñas á mellora do entorno do Centro Social da parroquia de Ponte.

Alí colocáronse nos últimos días un bordillo de granito, lousas na entrada do local e tamén unha mesa con bancos, xunto ao parque que está ao lado do edificio. A entidade veciñal aportou os materiais, mentres que dende o departamento municipal de Obras e Servizos se enviou personal e material para a colocación destes elementos.

Con esta actuación mellórase considerablemente o entorno do Centro Social, punto de referencia para a veciñanza desta localidade.