O Concello de Silleda estará presente na 40 edición da Semana Verde cun stand e a promoción de festas gastronómica

Silleda, 2 de xuño de 2017.  O Concello de Silleda volverá a estar presente na Feira Internacional Semana Verde de Galicia. Así, contará cun stand promocional, onde estarán moi presentes as artes plásticas, e varias degustacións que promocionarán as festas gastronómicas de Silleda, dentro de Festur.

Así, no apartado de degustacións participarán a tortilla de Laro, a empanada da Bandeira, o lacón de Silleda, os callos de Ansemil-Martixe, a paella de Cortegada e a rosquilla de Abades. A cita será na área de degustacións do pavillón 2 ao longo da fin de semana.

Así mesmo estarán presentes varios establecementos hostaleiros do municipio na bolsa de contratación do certame. Trátase do Hotel Vía Argentum, Casa de Cacheiro, Casa Grande de Fuentemayor, Pazo de Sestelo, o Centro Ecuestre As Verias e o Albergue-Granxa Escola Fervenzaventura.

“Consideramos que será unha boa ocasión para promocionar as nosas festas, os nosos recursos turísticos e tamén para dinamizar, a través da bolsa de contratación, a economía local”, indica o alcalde, Manuel Cuiña, que agradece tamén a colaboración das asociacións e entidades que participan dende Silleda nesta 40 edición “dun certamen que é tamén un dos nosos grandes embaixadores”, enga