O Concello de Silleda incorpora unha máquina varredora ao servizo de limpeza viaria

Silleda, 7 de agosto de 2017. O Concello de Silleda xa conta coa máquina barredora que mellorará o servizo de limpeza viaria. Hoxe mesmo chegou á vila a máquina, adxudicada á firma Baygar, e que supuxo unha inversión de 65.000 euros. Este equipamento era unha das inversións previstas nos orzamentos municipais deste ano, e adquírese con fondos íntegramente municipais.

 “Nestes días o servizo de limpeza viaria contará con esta máquina para mellorar sustancialmente os traballos”, indica o alcalde Manuel Cuiña. O rexedor destaca que a boa situación económica do Concello permite afrontar inversións coma esta en maquinaria para “dar un mellor servizo á cidadanía”.