O Concello de Silleda instala unha rede de protección no lateral do campo de fútbol do Outeiriño

-Os traballos están financiados pola Deputación de Pontevedra, mediante unha subvención que tamén repercutirá en melloras nas pistas de pádel municipais de O Castro

Operarios do Concello de Silleda instalaron un cerre con rede de 4 metros no lateral do campo de fútbol Outeiriño que da á rúa Arturo Pérez Lázara, para evitar a saída de balóns que poidan danar ós vehículos aparcados.

Esta actuación está financiada pola Deputación de Pontevedra a dentro dunha axuda concedida de 3.435,51 € para o mantemento e reparación de instalacións deportivas e espazos públicos.

Esta subvención, indicada para entidades locais da provincia de Pontevedra con poboación inferior a 20.000 habitantes inverterase, ademais de nesta actuación, na colocación dun reloxo temporizador para a iluminación da pista de pádel de O Castro.

Estas obras, que se concluirán nos próximos días, virán a cubrir dúas necesidades latentes nestas instalacións deportivas, evitando que saian os balóns para a rúa no caso do campo de fútbol, e dando autonomía aos usuarios das pistas de pádel, ao non ter que depender de persoal municipal para a iluminación do recinto.