O Concello de Silleda logra a concesión de máis horas no Servizo de Axuda no Fogar

Silleda, 17 de agosto de 2017.  O Concello de Silleda vén de recibir comunicación da Consellería de Política Social informando da concesión dun reforzo de 6.307 horas máis o ano na prestación do Servizo de Axuda no Fogar (SAF). Este reforzo, que económicamente se traduece nun incremento do financiamento anual estimado de 59.882,70 euros, aplicarase a partir do vindeiro día 1 de setembro. Este incremento permitirá incorporar novos usarios ao servizo.

Dende o Concello de Silleda solicitouse o pasado mes de xuño este incremento de horas. “Agradecemos a concesión feita pola Consellería de Política Social, ainda que as horas seguen a ser insuficientes para atender aos usuarios”, engade a concelleira de Benestar Social, Pilar Peón.

A concelleira lembraba no seu escrito que a poboación do municipio maior de 65 anos supón arredor do 28% do total de habitantes. Na citada solicitude re´cordase que a modalidade de libre concorrencia medrou de xeito considerable no último ano en Silleda, ao acollerse a este aquelas personas ás que non lles asistía o dereito á atención no marco do sistema de atención á dependencia.

Na actualidade Silleda conta con unha dispoñibilidade horaria de 2.031 horas ao mes para o SAF na modalidade de dependencia, tendo así mesmo usuarios en lista de agarda por resultar estas insuficientes.

“Este incremento de horas é un paso adiante, pero debido ás características da poboación do Concello de Silleda, seguen facendo falta máis horas dispoñibles para poder dar cobertura real a todos e cada un dos nosos dependentes”, indica a concelleira.