O Concello de Silleda o Parque Intercomarcal de Bombeiros organizan unha xornada formativa sobre incendios para empresas de Área 33

Silleda, 2 de novembro de 2015. O Concello de Silleda, a través do departamento municipal de Comercio e Industria, que dirixe Ana Luisa González, e en colaboración co Parque Intercomarcal de Bombeiros de Deza e Tabeirós-Montes, organiza o vindeiro sábado día 7 unha sesión informativa para as empresas asentadas no parque empresarial Área 33 de Silleda.

Nesta xornada, que terá lugar no parque de bombeiros instalado neste recinto empresarial –en horario de 09.00 a 13.00 horas- efectivos do parque intercomarcal informarán sobre cómo actuar en caso de incendios, abordando distintos aspectos de interese para os usuarios.

Trataránse cuestión coma os pasos a seguir diante dun incendio ( tanto a nivel laboral como doméstico);ou os distintos medios de extinción. A sesión rematará coa realización dun exercicio práctico a cargo dos efectivos do parque intercomarcal.

“Dende o Concello de Silleda consideramos que se trata dun tema de interese para o tecido empresarial, por tratarse cuestiónns relacionadas coa seguridade e tamén coa prevención”, indica a concelleira. Dende o departamento municipal remitíronse xa cartas ás empresas informando desta convocatoria.