O Concello de Silleda oferta os bares das piscinas de Silleda e da Bandeira para a tempada de verán

Silleda, 19 de xuño de 2015. O Concello de Silleda oferta a xestión dos bares situados nos recintos das piscinas municipais de Silleda e da Bandeira. As persoas interesadas en xestionar estas instalacións na tempada estival –dende o 1 de xullo ata o 15 de setembro-deberán de facer constar a súa solicitude no Rexistro Municipal.

A data límite de solicitude será o vindeiro xoves día 25.