O Concello de Silleda pon en marcha a Recollida de Plásticos Agrícolas

Silleda, 4 de xuño de 2015. O Concello de Silleda, a través da Concellería de Medio Ambiente, pon en marcha unha nova fase do programa de Recollida de Plásticos Agrícolas de Silos e Invernadoiros.

Así, os veciños e veciñas poderán chamar ata o vindeiro luns día 15 para dar os correspondentes avisos, ao número 986 581028, en horario de 08.00 a 15.00 horas, indicando nome, apelidos, teléfono e ubicación dos plásticos.

Unha vez ordenada a relación de solicitudes, xa neste mes de xuño programarase o calendario de recollida por zonas, informando en cada parroquia dos días en que pasará  o camión do servizo.

Dende o departamento de Medio Ambiente, advírtese aos usuarios da importancia de dar os avisos dentro do prazo establecido, ata o día 15, para programar a recollida.

Colocación de avisos

Así, e ademais de colocar avisos no rural informando desta campaña, tamén se procederá a instalar en cada parroquia escritos dando conta do día no que se procederá a recollida.