O Concello de Silleda pon en marcha un ambicioso plan para loitar contra a avespa velutina

Silleda, 12 de xaneiro de 2018.  O Concello de Silleda poñerá en marcha nas vindeiras semanas un programa pioneiro en relación á Praga da vespa velutina. Baixo o lema Silleda contra a vespa velutina levaránse a cabo distintas accións tanto de divulgación e información á poboación como de asesoramento.

Esta iniciativa vén de ser aprobada pola Xunta de Goberno, á vista da problemática existente coa esta especie, que afecta tanto á apicultura como a sectores tan importantes na economía local de Silleda como a agricultura e a fruticultura.

Un dos puntos clave do programa é a programación de sesións informativas en varios puntos do municipio, que impartirá personal da Asociación Galega de Apicultura. Así, no mes de marzo celebraránse charlas en Silleda, Laro, Bandeira e Cira.

Estas accións están dirixidas ao público interesado en xeral e aos apicultores en particular. Así mesmo, crearase unha oficina de atención a afectados, que dependerá da Concellería do Medio Ambiente.Ademais das charlas de especialistas tamén está prevista a posta en marcha de sistemas de trampeo para esta especie, e a edición de material divulgativo, con dípticos que se enviarán aos domicilios.

“Solicitaremos a colaboración doutras administracións para seguir avanzando na loita contra esta especie. No caso do Concello de Silleda as accións a levar a cabo centraránse sobre todo no ámbito da prevención”, sinala o alcalde, Manuel Cuiña.

“Aínda que a competencia da retirada de niños de velutina é da Xunta, xa que no Concello non contamos con persoal nin medios, somos conscientes da problemática existente polo que con este programa pioneiro trataremos de dar información e asesoramento aos veciños afectados”, engade.

Segundo os expertos, a invasión de velutina podería mesmo provocar a extinción de ecosistemas e sectores agro alimentarios.

Perigos dos desbroces

“Estamos ante unha vaga que vai incluso máis aló podendo afectar, nalgún caso, á saúde e seguridade cidadá”, indica o rexedor consciente da preocupación que xera a presenza de niños e das pérdidas que supón nos sectores produtivos.

“Combater a velutina é responsabilidade de todos. As administracións debemos de colaborar coa sociedade para adoptar medidas preventivas que nos axuden a combater esta plaga”, engade.

Silleda foi un dos municipios da provincia que máis presenza de niños rexistrou nos últimos meses. Dende o goberno municipal tamén se agarda que a Xunta faga efectiva a intensificación anunciada nas últimas semanas dende a Consellería do Medio Ambiente na retirada de niños, logo dalgúns retrasos que ocasionaron numerosas queixas.