O Concello de Silleda, presente no seminario sobre cooperación municipalista e desenvolvemento sostible

Silleda, 31 de maio de 2017. A Concelleira de Benestar Social e Igualdade de Silleda, Pilar Peón, participou esta mañá na Escola Galega de Administración Pública (EGAP) no seminario “Os retos da cooperación municipalista na consecución dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible”, que afondou noo importante papel que a ONU lle outorga aos concellos e deputacións.

O Concello de Silleda, como membro do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, estivo así presente neste evento que contou ademais da participación doutros municipios galegos coa dunha delgación do Ministerio de Guinea Bissau.

Abordáronse temas relacionados coas entidades locais como axentes de cooperación e outras cuestións relacionadas con este tema.