O Concello de Silleda reitera ante a Xunta a necesidade de continuar limpando as marxes dos viais autonómicos

Silleda, 19 de outubro de 2015. O Concello de Silleda solicitará á Xunta de Galicia que continue acometendo traballos de limpeza en tramos situados xunto a vías de titularidade autonómica.

O alcalde, Manuel Cuiña, lembra que todos  os anos, antes da chegada do verán “se remiten as correspondentes peticións ás distintas Administracións supramunicipais para que colaboren coa limpeza de vías e infraestruturas da súa titularidade”.

O rexedor indica que “pese a que a Xunta, Deputación de Pontevedra e tamén o Ministerio de Fomento realizaron a limpeza nas marxes dos seus respectivos viais, hai casos nos que levamos meses agardando por actuacións de limpeza deste tipo”, engade.

Así, Cuiña cita o tramo silledense da PO-505, que comunica a N-640 dende A Estrada (por Orazo) co acceso á autoestrada AP-53 á altura de Lamela. “Neste tramo o estado da maleza é tal que os toxos e as xestas xa tapan literalmente as sinais indicadoras”, explica o alcalde.

Así, dende o Concello volve pedirse á Xunta de Galicia que se faga cargo da limpeza de cunetas e taludes nestre tramo “máxime cando no traxecto desta misma estrada que corresponde ao municipio de A Estrada sí se están acometendo labores de limpeza”, engade Cuiña.

O alcalde agarda que a Xunta actúe no menor prazo de tempo posible, “para limpar e despexar este tramo como é debido”.