O Concello de Silleda súmase á campaña Girls4President, polos dereitos das nenas

Silleda, 8 de outubro de 2015. O Concello de Silleda vén de sumarse á campaña Girls4president, da ONG Plan Internacional, que traballa polos dereitos das nenas e que nace co obxectivo de aumentar a concienciación sobre este feito, ademais de mostrar a quenes toman as decisión a nivel muncial que os deritos das nenas e adolescentes deben de estar presentes nas axendas políticas.

O vindeiro domingo día 11 de outubro celébrase o Día da Nena. O obxectivo desta campaña e acadar dende esta data e ata o 8 de marzo, Día Internacional da Muller un millón de firmas a través desta iniciativa. Unha Na web Vota #Girl4President pódese atopar toda a información sobre esta campaña, que anima tanto a asinar neste mesmo portal como a ofrecer unha foto para identificarse como parte do movemento e dinamizar nas redes sociais a etiqueta de #Girl4President.

Dende o Centro de Información á Muller (CIM) de Silleda iniciouse xa a promoción desta campaña a través do seu blog, para unha petición a favor da igualdade de oportunidades das nenas en todo o mundo, os dereitos da infancia e o seu acceso dun xeito equitativo a unha educación universal, obrigatoria, gratuita e de calidade

A petición de un millón de adhesións vaise entregar despois nos centros de decisión política e institucións a nivel nacional e internacional para que os dereitos das nenas sexan unha realidade.