O Concello de Silleda volverá a repartir entradas para o Silleda Park aos nenos e nenas empradoados no municipio

Silleda, 12 de decembro de 2018.  O Concello de Silleda agasallará, un ano máis, aos nenos e nenas empradroados no municipio con entradas para disfrutar das atraccións do Silleda Park, o parque de atraccións de Nadal que se instalará no recinto Feira Internacional de Galicia Abanca, por cuarto ano consecutivo,  dende o vindeiro sábado día 22.

Haberá unha entrada para cada neno/a de entre 3 e 18 anos de idade (os menores de 3 anos non pagan entrada) que esté empadroado no municipio silledense. As entradas entregaránse a partir de hoxe mércores día 12, no departamento de Alcaldía (segundo andar da Casa Consistorial) en horario de 09:00 a 14:00 horas.

O parque de atraccións Silleda Park abrirá as súas portas os días 22, 23, e do 26 ao 30 de decembro, e en xaneiro os días 2, 3, 4, 6 e 7 en horario de 16:00 a 21:00 horas, con diferentes atraccións e xogos para os máis cativos.

Esta iniciativa do Concello de Silleda  enmárcase dentro da campaña de fomento do empadroamento que se iniciou a medidados do ano 2016. Baixo o lema “Empadróate en Silleda, porque en Silleda somos máis” dende o Concello leváronse a cabo distintas iniciativas dirixidas, sobre todo, a que as persoas residentes no municipio que ainda non estiveran no censo municipal.

“Esta é unha das medidas que plantexamos xa no ano 2016, con grande éxito entre os veciños, e que permitirá a centos de nenos e mozos residentes en Silleda disfrutar de xeito gratuito dunha xornada neste parque de ocio de Nadal, que hoxe xa está consolidado como unha cita ineludible en Galicia”, explica o alcalde, Manuel Cuiña.

O rexedor resalta tamén as ventaxas que supón para o municipio a celebración do Silleda Park, que organiza a Fundación Semana Verde de Galicia, dinamización a economía local ao atraer durante as vacacións de Nadal a milleiros de persoas chegadas dende diferentes puntos de Galicia.

Dende o sábado día 22 e durante 12 días as familias poderán disfrutar desta cuarta edición do certamen que aumenta atraccións respecto ao pasado ano. Saltamontes, pista de coches, dragón, barco de aventuras, tirachinas, camas elásticas, scalextric, inchables, mini olla, touriño infantil, bolas zorbing e Mario kart son algunhas das que figuran no programa. O recinto contará tamén con varias  áreas lúdicas, como unha de videoxogos e outra de xogos para os máis pequenos, e tamén pistas deportivas que inclúen fútbol, baloncesto e tenis, ademais de minigolf, ping pong e billar. Tamén haberá un xadrez xigante, unha exposición de figuras de ciencia ficción, unha pista de animal karts, un circuíto de pedais e unha galería de tiro e tamén campo de Nerf. Non faltarán tampouco os obradoiros de maquillaxe e globoflexia e, como novidade, espectáculos diarios con distintas personaxes de debuxos animados e sorteos.

Os nenos e nenas que estén empadroados en Silleda (de entre 3 a 18 anos) poden xa recoller a súa entrada gratuita no Concello a partir deste mércores para disfrutar dunha xornada de ocio nas vacacións de Nadal.